1. Corpo de profesores de ensino secundario (590)
590007 Física e química
590016 Música
590019 Tecnoloxía
590053 Lingua e literatura galega
590107 Informática
2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)
591211 Mecanizado e mantemento de máquinas
591222 Procesos de xestión administrativa
591227 Sistemas e aplicacións informáticas
Prazo de presentación de solicitudes: desde o mércores, 18 de novembro ata o día 24 de novembro de 2020, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
3º. Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º. Anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (enlace DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201021/AnuncioG0598-151020-0003_gl.pdf)