Primeiro. Que no portal da internet da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, www.edu.xunta.es, estarán dispoñibles as seguintes convocatorias:
– Orde do 10 de xuño de 2019 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería.
– Orde do 10 de xuño de 2019 pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e de asesorías do Servizo de Formación do Profesorado, do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.
– Orde do 10 de xuño de 2019 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.
– Orde do 10 de xuño de 2019 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
Segundo. Que o prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Que para participar en cada un dos concursos anunciados as persoas aspirantes deberán presentar a solicitude e a documentación que proceda de acordo co establecido na orde de convocatoria correspondente.