Resolución dos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística


18 Jun, 2019

WEBResolución da convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2018 / 2019

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Universidade e durante o curso académico 2018/2019.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionáronse cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:

O Prado fala galego, proxecto conxunto do IES Carlos Casares (Vigo) e mais do IES Santa Irene (Vigo)

A cidade sen barreiras, do CEE Nosa Señora do Rosario (A Coruña)

Ao son delas, do IES Maximino Romero de Lema (Zas)

Cóxegas: caixas de investigación e creación como experiencia estética e emocional de acompañamento lingüístico, do CEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira)

Miserábeis, do IES Illa de Ons (BUEU)

Cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros. O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos 5 proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

Resolución da convocatoria